sábado, 29 de noviembre de 2008

Explicación de AiD sobre os efectos do novo Plan de Estudios para Dereito

Ante a implantación do novo plan de estudos que ten que estar adaptado ó Espacio Europeo de Educación Superior, O Plan Bolonia, para o 2010 como data final, AiD está desenvolver unha posición activa e crítica á vez na Comisión de Redacción do Plan en Dereito, como lexítimos representantes dos alumnos.

Por iso, como a nosa aposta está garantida pola transparencia e a iniciativa, cremos que a mellor maneira para que o alumnado esté informado puntualmente dos efectos de dito Plan, das súas consecuencias positivas e negativas e das nosas propostas é convocarvos para este luns, día un de decembro ás 19 horas trinta minutos no Salón de Graos, a unha asamblea dirixida por membros de AiD para darvos información detallada sobre o que se está facendo, propoñendo e traballando.

Cremos que sería moi importante, sobre todo, a asistencia dos alumnos correspondentes ós cursos 1º, 2º e 3º, que son ós que máis lles vai afectar e nos que hai moita desinformación.

Unha aperta!

viernes, 28 de noviembre de 2008

O Dereito no Cine II

Este xoves, a asociación de alumnos de Dereito AiD -Alumnos independentes de Dereito- vimos de clausurar o segundo ciclo de cine que facemos na nosa facultade.

Unha actividade coa que a USC convalidaba ós alumnos que se matricularan na mesa cun Crédito de Libre Configuración, o segundo crédito que AiD ofrece coas actividades, que tras a súa fundación o pasado ano, realiza para tódolos alumnos.

Gracias ós máis de 200 alumnos que entre o ciclo do ano pasado e este posibilitan a dinamización de este tipo de actividades en Dereito.

Por último, como xa se sabe, o Ciclo deste ano consistía na visualización de 5 películas co posteior comentario dun profesor da materia da que trataba e un pequeno traballo cuio prazo de entrega expira o 16 de xaneiro.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Convocatoria do Claustro Universitario

Celebradas as correspondentes eleccións a representantes do Claustro Universitario, o día 24 de abril de 2008, e de acordo co Regulamento de réxime interno do Claustro Universitario, Jorge Cubela López; Luis Manuel Teira Otero; e Iago Seijo Fraga; foron elexidos membros do Claustro Universitario en representación do sector dos Estudantes de 1º e 2º Ciclo.

Procédese así á convocatoria da Constitución do Claustro Universitario achegada pola Secretaría Xeral para o vindeiro 4 de decembro ás 9 horas na Facultade de CC.Políticas.

Contarémovos como foi a primeira sesión claustral despois desta!