martes 10 de noviembre de 2009

Practicum con prelación suspensa

Hoxe a Facultade publica a convocatoria para elección de grupo no Practicum, tanto interno como externo, valedeira para os alumnos con asignaturas de prelación pendentes ou suspensas.

Estes alumnos aínda non están matriculados, pero a efectos internos da Facultade poderán escoller grupos de Practicum en diferentes tandas de alumnos durante a mañá do venres 13 de novembro.
As reunións celébranse na Secretaría do Decanato.

Podedes atopar a convocatoria no tablón da Facultade ou na súa web.

Un saúdo a todos, se alguén ten algunha dúbida pode dirixirse a nós en:
-No noso despacho no ático da Facultade
-Nos grupos "AiD Independentes de Dereito" en Facebook e Tuenti
-Neste blog
-Por medio de aid_usc@hotmail.com

miércoles 28 de octubre de 2009

Novidades Practicum

Amigos e amigas,
Os alumnos coas materias de prelación superadas foron citados polo Decanato no día de onte para elección de grupo de Practicum externo.

Tal e como se indica no apartado de Observacións, punto segundo, do susodito documento:

2.- Proximamente convocarase por este mesmo medio aos alumnos que teñen materias prelacionadas suspensas a unha reunión para elixir o grupo de prácticum interno e institución e período de realización das prácticas externas.

Non tendo en conta a incorrección ortográfica do texto, dedúcese fácilmente que nos días próximos seremos citados os alumnos aínda non matriculados de Practicum para escoller grupo interno e externo.
En canto haxa novidades seredes informados neste noso blog, no noso grupo de Facebook e na porta do despacho de AiD na Facultade.

Un saúdo de Alumnos independentes de Dereito.


sábado 24 de octubre de 2009

Sobre a resposta da Oficina de Reclamacións da USC

Logo de recibir todos resposta firme por parte da responsable de reclamacións da OAR da Universidade, os alumnos afectados polo cambio de normativa na matrícula do Practicum xa sabemos a qué aternos:

A Facultade, por boca do Decano Luis Míguez Macho, asegurou a AiD que todos os alumnos que desexen cursar o Practicum 2009/2010, estean matriculados na devandita materia ou non, participarán na adxudicación de prazas nos grupos internos e externos do Practicum.
Así pois, aqueles que presentasen a Queixa na Secretaría virtual son a efectos internos da Facultade tan alumnos de Practicum como os matriculados.
A única diferencia estriba en que a Unidade de Xestión Académica esixe uns trámites formais a seguir pola Xunta de Facultade que son requisito para poder matricularnos.

En resumo, os alumnos que presentaron Queixa e os matriculados participarán na elección de Practicum interno e externo. A Universidade deixarános matricular cando se resolvan requisitos formais, e iso pode ser dentro dun mes, de catro ou de sete.
Podemos estar todos tranquilos, que antes de Xuño estará arranxado (e, en condicións normais, tamén antes de Febreiro).

Un saúdo a todos e noraboa, todo está definitivamente claro.


Citamos a carta remitida aos estudantes que presentaron Queixa na Secretaría virtual porque non se puideron matricular de Practicum:

Estimado/a alumno/a,
En relación á queixa presentada por vostede sobre a imposibilidade de formalizar matrícula no Prácticum da Licenciatura en Dereito, e unha vez recabados os informes oportunos, comunícolle o seguinte:

1.- Consonte ó vixente Plano de Estudios da Licenciatura en Dereito impartida na Facultade, publicado por Resolución da Universidade de Santiago de Compostela de 25 de xuño do 2003 no Boletín Oficial do Estado núm. 184 do 2003, de 2 de agosto, e a corrección de erros publicada por Resolución de 1 de setembro do 2004, publicada no Boletín Oficial do Estado núm. 233 do 2004, de 27 de setembro, o "Prácticum" é unha das asignaturas troncais do segundo ciclo, cunha carga lectiva de 15 créditos prácticos.

2.- Para realizar o "Prácticum" é necesario que o alumno teña superadas as seguintes asignaturas troncais e obrigatorias do primeiro ciclo: "Dereito administrativo I", "Dereito civil I", "Dereito civil II", "Dereito civil III", "Dereito civil IV", "Dereito constitucional I", "Dereito constitucional II", "Dereito do Traballo e da Seguridade Social I", "Dereito do Traballo e da Seguridade Social II", "Dereito financeiro e Tributario I", "Dereito financeiro e tributario II", "Dereito internacional público", "Dereito mercantil I", "Dereito mercantil II", "Dereito penal I", "Dereito penal II", "Dereito procesual I", "Dereito público autonómico", "Institucións de Dereito comunitario" e "Introducción ó Dereito procesual".

3.- Con data 14/10/2009 o decano da Facultade de Dereito informou a esta Oficina do escrito enviado á Secretaría Xeral e á Vicerreitoría de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da USC no que se di:
"Comunícolle que a Comisión Permanente da Xunta de Facultade, na súa reunión ordinaria do día 13 de outubro de 2009, acordou propoñer á Xunta de Facultade a modificación do plano de estudos da Licenciatura en Dereito para suprimir as prelacións que afectan á materia Prácticum. Tendo en conta a situación producida polas reclamacións presentadas contra o proceso de matricula do curso 2009/2010 pola imposibilidade de matricularse do Prácticum sen ter superadas todas as materias que lle fan prelación, prégolle considere o levantamento cautelar desa restrición de matrícula, á vista da modificación do plan de estudos que se vén de poñer en marcha".

4.- Unha vez que a Xunta de Facultade aprobe a proposta de modificación e a concrete, os órganos de goberno estudarán a posibilidade de levantamento das restricións actuais proposto polo Centro co obxecto de que se poda realizar a matrícula do Prácticum.

5.- Asemade, o Centro comunicou a esta Oficina de Reclamacións que, mentres non se levanten as devanditas restricións de matrícula, adoptará as medidas necesarias para garantir ás/aos alumnas/os afectados que poderán facer efectivo o seu dereito a cursar a materia unha vez que se lles permita matricularse. A tal efecto, o Centro porase en contacto individualizadamente co alumnado afectado.

Atentamente,

Mercedes Otero Losa
Responsable de reclamacións da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR)

miércoles 21 de octubre de 2009

Practicum 2009/2010

Compañeros de la Facultad,

El Decano ha recibido respuesta por parte del Servicio de Xestión Académica.
Los plazos para matricularse de Practicum, para los alumnos afectados por el cambio de normativa de este año, todavía no se conocen.
Desde Xestión académica se pondrán en contacto vía email con todos los alumnos que hayan presentado Queixa en la Secretaría virtual en cuanto hayan decidido plazos para efectuar la matrícula.

En caso de que el viernes no haya todavía respuesta, contactaremos directamente con el Servicio de Xestión Académica y con la Secretaría Xeral de la Universidad para pedirles mayor diligencia.

Os mantendremos informados.

martes 13 de octubre de 2009

Practicum arreglado


Amigos y amigas, hoy a las 13.00 la Comisión Permanente de la Facultad ha aprobado por mayoría absoluta la eliminación de la prelación para realizar el Practicum.

En cuanto haya noticias del procedimiento para matricularse de Practicum se hará saber mediante carteles en la facultad, mediante el grupo de Facebook "AiD Independentes de Dereito" y a través de este nuestro blog.

Gracias a todos por la colaboración y enhorabuena.

jueves 8 de octubre de 2009

Queixa na Secretaría virtual

Para os alumnos perxudicados polo cambio de requisitos na matricula de Practicum no curso 2009/10.

Dentro de Secretaría virtual, na columna de Secretaría (á esquerda na web) seleccionade a sección "Queixas e suxestións". Dentro desta, escollede a acción "Queixa" e enviade o seguinte texto*:

Eu, NOMBRE, con DNI 12121212-X, alumno da Licenciatura de Dereito segundo o Plano de estudios de 2003, solicito se modifiquen os criterios de prelación para poder matricularse na materia Practicum, de quinto curso.

Tal e como fixen saber, así como moitos compañeiros, a modificación dos criterios para o presente ano académico crean unha desventaxa respecto a alumnos da miña mesma carreira de outros anos. Ata o de agora, o requisito de ter superadas as materias de obrigatoria prelación do Primeiro ciclo se revisaba ao remate do ano académico.

A modificación da aplicación deste requisito pode significar un ano menos de carreira para min, co cal agradecería que se teña en conta esta queixa.

Un saúdo,

NOME


*Lembrade sustituir os campos "NOME" e o DNI polos vosos datos persoais.

martes 5 de mayo de 2009

Xornadas do Plan Boloña


Os días 13 e 14 de maio, AiD celebrará as "Xornadas Plan Boloña, Grao en Dereito" coa convalidación dun crédito de libre configuración, que xa está concedido pola Rectoría, para alumnos de Dereito, para o que fai falla asistir ó 80% das sesións.

A inscripción finaliza o 12 de maio ou ata fin de prazas (140). Hai que entregar FOTOCOPIA do xustificante de pago no local de AiD de 17 a 21 horas.

O prezo é de 10 euros, a ingresar no número de conta: 2091 0387 45 3040003903 de Caixa Galicia, oficina do Campus Sur, facendo constar nome e DNI no xustificante de pago.

Os contidos a impartir son
:

-Obxectivos do Plan Boloña na USC.

Intervirán diferentes profesores das áreas de Dereito.
E esperamos contar coa intervención do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

-Presentacións dos Plans de Graos das diferentes Facultades de Dereito de Galicia.

-Distintas visións do Plan Boloña e a súa praxis por un representante do PSOE, outro do BNG máis un profesor.

-Plan de Dereito.

-Posgraos e cursos de especialización.

-Clausura polo Presidente, o Secretario e o Vicepresidente de AiD.

É impotante a asistencia da maior cantidade de alumnos para coñecer con certeza e claridade o Plano de dereito, as asinaturas de Formación Básica, e outras preocupacións dos alumnos!

Gracias!

jueves 18 de diciembre de 2008

Gracias

Vintecatro horas despois de coñece-los resultados das Eleccións a Representantes á Xunta de Facultade de Dereito, é hora de facer seria reflexión sobre o acontecido.

Primeiramente hai que da-las gracias. Gracias, e moitas, a todo aquel que acudiu a votar, e máis aínda, a todos aqueles votantes que o fixeron por AiD. So deles dependeu o éxito destas eleccións, tanto para nós como para a totalidade da Facultade. Non se recorda tal afluencia de xente a votar. E non se recorda unha maioría tan ampla. Gracias, polas veces que sexan, a todos e a cada un dos que se achegou á furna co seu voto para AiD.Gracias.

En segundo lugar habería que analizar o por qué do resultado electoral. AiD é unha asociación demasiado recente como para ter tal raigame, sen embargo, tena. E iso é abraiante. Pero non é máis que un froito. O froito do traballo desinteresado, da seriedade continua, da fidelidade á palabra dada, da lealdade ós demais compañeiros da facultade. Escribo estas liñas metido entre un feixe de papeis da asociación, uns resoltos, outros por resolver, e facendo un oco no medio do traballo para deixar, antes das vacacións, resoltos varios temas que se precisan para a boa marcha de AiD, e por extensión, da Facultade. Fago isto sen ánimo ningún de beneficio privativo e propio, despois de termos hoxe unha Xunta de Facultade onde xa se comezou a xestar unha nova normativa de cambios de grupo, onde se falou das infraestructuras que esta casa precisa para adaptarse ó estilo boloñés... tantas cousas; pero por riba diso está o empeño en demostrar que un bo traballo continuado, da, como froitos, unha fonda raigame entre os compañeiros.

A cercanía e a confianza. AiD non naceu para estar nunha nube. Lembro quen me dicía que os Representantes do Alumnado estabamos aí para aproveitarnos persoalmente de fantásticos medios que as universidades poñían ó noso dispor. Lamentablemente esa Universidade non debe ser a de Santiago, xa que o ordenador de AiD rondará a decena de anos, e escribo e publico este breve post dende o meu. AiD non naceu para iso, senón que naceu para estar cerca dos problemas de tódolos nosos compañeiros, que diariamente acuden á Facultade e atopanse con que lle asignaron un grupo de docencia ó que non pode ir, ou que incluso na fotocopiadora lle cobran as grapas. AiD naceu para defender non só intereses de alumnos concretos: naceu para defende-los intereses do alumnado, de todo o alumnado, e tamén, os seus dereitos.

Antes de irrumpir nesta facultade había representación estudiantil, pero esta viámola dende lonxe. Era sumamente turbadora, incluso violenta en casos. AiD veulle a dar un cambio á representación dos estudiantes. Diálogo, respecto mutuo, firmeza, lealdade, transparencia, claridade, información, solidariedade, comprensión... con iso comezamos a funcionar, sen subirnos á parra. Sabemos que estamos aquí non por nós, senón que por que o noso traballo acabou gustando e fostes vós, compañeiros todos, os que votastes. Dependemos directamente do alumnado. E por iso só nos sentimos vinculados polo seu mandato, sen ter que responder ante ningún terceiro, nin estar condicionados por ningunha dirección exterior que nos induza a fins alleos ou extraños ó ben dos estudiantes desta facultade.

Unha diferencia notoria de votos fixo que nos situasemos á cabeza no reconto de votos. Teño que dicir tamén que estou canso, física e psíquicamente. Foi esta unha campaña moi dura. Máis dura, incluso, que a anterior. Tivemos que ler panfletos e cartaces que se referían a nós, feitos de xeito tan torticeiro que se solapaba a súa publicación coa xornada de reflexión. Fomos obxecto de anticampaña. A petición do voto dalgunha das outras candidaturas converteuse nunha petición de ausencia de voto a AiD. E nós debemos ser un tanto parvos, xa que non atacamos. As nosas sensatas propostas, que se poden realizar, foron usadas para intentar denostarnos; e substituídas por ilusións que inducían ó engano intencionado. Por todo isto creo que preciso das vacacións de Nadal para repoñerme algún tanto.

Se nalgo, tamén, teño que incidir, é no agradecemento a todos vós, compañeiros. Porque demostrastedes co voso voto, co voso comportamento, un sentido común fóra do común. Porque non vos deixástedes enganar con propostas sensacionalistas, porque créstedes en nós cegamente e nos déstedes, unha vez máis (e ogallá sexa a segunda de moitas) un voto de plena confianza. Un agradecemento serio, e aquí se me complica máis a cousa, é, agora, a necesidade que temos de levar a cabo as nosas propostas e de seguir traballando por todos vós, alumnos de Dereito. Por todos vós, e pola USC no seu conxunto. Seguir traballando con rigor, con academicismo, con firmeza, con seriedade, con ilusión, con cercanía, con amabilidade. Nunca, por principio, insultaremos a un compañeiro. Nunca o forzaremos a tomar unha decisión persoal. O beneficiario do noso directo traballo é o estudiante, e sería totalmente inmoral sermos, en lugar dunha axuda, unha traba, un impedimento.

Non me quero extender. Quero, con un pouco de sentido común como ese que foi ás furnas onte, 17 de Decembro, darvos, de novo, as gracias.

Bo Nadal, e verémonos en Xaneiro.

Iván Arias

sábado 13 de diciembre de 2008

II Charla Informativa sobre el Plan Bolonia

Ayer, algunos miembros de AiD nos reunimos con el Vicerrector de la USC encargado de la Organización Docente y de los Nuevos Planes de Estudio, Máximo Pló, para mantener un intercambio de pareceres sobre Bolonia y para que éste nos resolviera explícitamente algunas cuestiones planteadas por los alumnos de Derecho que asistieron a la Charla Informativa hecha por AiD la semana pasada sobre la implantación del Plan Bolonia en Derecho, a la que asistieron 170 personas.

Por ello, este lunes, realizaremos la última charla informativa, a las 7 y media en el Salón de Actos, con todas las cuestiones resueltas sobre la incidencia de Bolonia de forma muy clara, las propuestas para la Junta de Facultad, la elaboración de una nueva normativa de cambios de grupo, etc.

AiD está liderando la defensa de los intereses de los actuales estudiantes de Derecho y de los que vendrán al llevar nosotros la única iniciativa para explicar aquellas cuestiones que les afectan a los alumnos de Derecho y preocuándonos de hablar con aquellos responsables universitarios que están por encima nuestra.

Nosotros preferimos una implicación directa y personal del alumnado, fuera de manipulaciones y acciones interesadas.

Es bonito convocar huelgas, que los piquetes insulten a la gente que en su derecho va a clase y que no hagan nada por informar a los alumnos.

Hablaremos además de las intervenciones de los miembros de AiD en el Claustro como la crítica a Bolonia, la petición de un carnet especial para los estudiantes que aparquen en la zona ORA, o la opinión del Rector sobre aquellas asignaturas que por su carga docente retrasan la entrada de lo estudiantes al mercado laboral.

Muchas gracias por vuestra confianza!!!

martes 9 de diciembre de 2008

QUE PROBLEMAS VES NA FACULTADE?

Hai xa un ano que, dende a asociación AiD – Alumnos independentes de Dereito, tratamos de dinamizar a vida extraacadémica da comunidade da Facultade de Dereito da USC. Ciclos de cine, xornadas de debate sobre o Plan Boloña e representación do alumnaso foron ata o de agora as nosas liñas fundamentais de acción.

O novo reto que debemos solucionar é que o alumnado se implique e nos faga chegar aquelas cousas que están de máis e aquelas que faltan para mellorar o nivel da Facultade.

Esperamos que vos pareza boa idea participares, posto que dese xeito poderemos elevar as vosas peticións mediante os nosos representantes na Xunta de Facultade, no Claustro da USC e nas diferentes comisións da Universidade nas que estamos presentes.
Vaia como exemplo a presencia de Jorge Cubela na Comisión electoral central ou na Comisión de Titulacións e Graos; de Iago Seijo na Comisión de asuntos culturais e mais na Mesa do Claustro; ou de Luís Teira no Consello de Goberno da Universidade.

Enriba da mesa temos a pretensión de potenciar a nosa facultade na nova rede de Másters que traerá a implantación de Boloña na USC, así como loitar por unha maior asignación de recursos ao noso centro para unha mellor adaptación ao Espacio Europeo de Educación Superior –a nivel de infraestructuras, de TICS e de profesorado-. Ademais, estamos ocupados en causas máis cotiás como tentar eliminar o pago de tarifas de estacionamento para os estudiantes no Campus Sur ou a mellora das instalacións deportivas universitarias.

Calquera nova idea será benvida en AiD, e dentro das nosas posibilidades faremos que se oian as queixas dos alumnos de Dereito da USC.

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración, e pedímosvos asimesmo que nos axudedes a implicar ao maior número de compañeiros da Facultade para ter un coñecemento máis amplo de qué problemas preocupan ao conxunto de alumnos do noso centro.

Un saúdo!


AiD - Alumnos independentes de Dereito