miércoles, 28 de octubre de 2009

Novidades Practicum

Amigos e amigas,
Os alumnos coas materias de prelación superadas foron citados polo Decanato no día de onte para elección de grupo de Practicum externo.

Tal e como se indica no apartado de Observacións, punto segundo, do susodito documento:

2.- Proximamente convocarase por este mesmo medio aos alumnos que teñen materias prelacionadas suspensas a unha reunión para elixir o grupo de prácticum interno e institución e período de realización das prácticas externas.

Non tendo en conta a incorrección ortográfica do texto, dedúcese fácilmente que nos días próximos seremos citados os alumnos aínda non matriculados de Practicum para escoller grupo interno e externo.
En canto haxa novidades seredes informados neste noso blog, no noso grupo de Facebook e na porta do despacho de AiD na Facultade.

Un saúdo de Alumnos independentes de Dereito.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

"Noraboa polo voso proceso interno. Sodes un exemplo para todos os alumnos desta facultade"

Anónimo dijo...

Todo muy lógico, aggg.

Anónimo dijo...

Pois vaia pataca!