Sen máis obxectivos que o de recuperar o pasado esplendor da nosa Universidade Compostelana, polo rexurdir dun novo Gallaecia Fulget; dende a independencia persoal e organizativa; con medios limitados pero coa ilusión e o esforzo de todos os que a integramos.
Inconformistas audaces, atrevidos intelectualmente, maleducadamente íntegros, políticamente incorrectos, irresponsablemente veraces, con sinceridade indecente, e unha tolerancia a proba de bombas tanto dentro como fóra desta asociación.
RECORDAMOS QUE O PRAZO DE ENTREGA DOS TRABALLOS REMATA O VINDEIRO 18 DE XANEIRO. O xeito de entrega pode ser en persoa, no local de AiD, ou en conserxería da Facultade de Dereito, indicando que é para AiD. Quedamos á vosa disposición.