Calar e esconderse sempre foi a resposta máis socorrida, e ó mellor, tamén a máis efectiva. Deixar á xente coa palabra na boca e sen resposta, tratando coma con tolos, puidera ser o máis conveniente para o convenienzudo. Pero o máis elegante será contestar. Porque non temos medo, nin por qué telo; e o óptimo: temos argumentos e razóns. E gústanos o debate. Comezarei… polo principio:
Primeiro: non é que pensemos que ÚNICAMENTE se representa ó alumnado nas institucións universitarias. Pero… ¡carafio!… se resulta que o que as asociacións de representantes loitan por cada posto nos órganos de goberno e representación da Universidade, o lóxico é que acudan con forza a levar a cabo a representación. E nós niso non podemos ter crítica, porque acudimos efectivamente, e libres. Certamente que a representación do Estudantado se realiza en tódolos ámbitos, e dándolle participación directa na toma de decisións (que por outra banda tamén facemos, recibindo queixas de moitos compañeiros, que transladamos a onde mellor procede para que se podan solventar) PERO NINGUNHA ORGANIZACIÓN ESTUDANTIL PODE, PER SE, FACER DA CAPA DE TODO O ESTUDANTADO UN SAIO PARA SI MESMA. Quero dicir con isto que non se pode, unilateralmente, dende o punto de vista propio, facer na sociedade, en nome de todos, e sen previa consulta a ninguén. Pola experiencia vemos que, antes de ir á folga en calquera empresa ou centro laboral, os obreiros votan se van ou non. Tamén vemos que para negociar coa administración ou a patronal, os beneficiarios da negociación poñense dacordo para enviar ós seus representantes. ¿Faise isto actualmente? ¿Fixérono os CAF cando anunciaron mediante cartaces, a bombo e prato, na Facultade de Dereito, que estaban a negociar coa Xunta a cuestión da “Suba das Taxas”? Nós o que reclamamos é DEMOCRACIA NO ÁMBITO DA REPRESENTACIÓN ESTUDIANTIL. DEMOCRACIA E REPRESENTATIVIDADE EFECTIVA. E é algo xusto, creo.
Con respecto á porcentaxe do alumnado nos órganos da Universidade descoñezo cal é a porcentaxe total. Pero direiche que en comisións e Xunta de Facultade, na Facultade de Dereito, esta é do 30 % do total, o que favorece, moito, que o alumnado poda, co seu voto, levar a cabo máis do que estás a dicir. Pero claro, para iso hai que asistir. ¿Por que, entón, se aledan os membros dos CAF cando obteñen 21 representantes na Xunta de Facultade, e se poñen mustios cando só obteñen 2 no Claustro pola Facultade de Dereito? ¿Non lles abonda con un, que para propoñer e iniciar debates, propón e inicia o mesmiño que catro centos? Coherencia, por favor.
Dis case ó final do teu “post” que o importante é levar adiante o debate (a fin da Universidade, máis que propoñer solucións, é iniciar tódolos debates), e non acudir co carro cheo de representantes a reunións de papóns. E, mira, vou concordar contigo… pero, estarás comigo que para que haxa debate, debera haber varias posturas. Ben: En canta comisión hai na Facultade de Dereito, os CAF anunciaron que non renunciarían a ningunha praza das mesmas que por pura matemática lles corresponde (matemática falaz e errada, que, se queres outro día poñemos en claro) en favor doutros compañeiros doutras asociacións que teñen representación en Xunta de Facultade. Non serei eu quen defenda ós máis, que para tal teñen voz. Pero iso di bastante en contra dos CAF, como pretendes defender… e o que levan ás institucións é bastante pobre e son dados ó “paponismo”, ademáis de non iren a pleno, como deberan. Nós na comisión que máis está a Funcionar na Facultade de Dereito, que por desgracia é a do Plano de Boloña, e persoalmente, erguimos críticas contra a conversión da Universidade Pública en Institutos de Formación Profesional; contra o adoutrinamento nas aulas; pola liberdade de pensamento e de decisión dentro da educación e a formación universitaria; contra o fomento da competitividade inmoral entre o alumnado; pola liberdade de Cátedra… e o que parece máis raro aínda, pola supresión de exames en favor doutros métodos de avaliación, xa que, polo visto, vannos abrasar a base de créditos ETCS (o que implica traballo, máis traballo, máis traballo e máis traballo, e menos tempo libre para o estudante, para o estudo e a vida persoal). Non son ideas nin argumentos peregrinos: creme, no debate, e na proposta, teñen lóxica; e son críticas directas a un modo inxusto de levar o proceso de Boloña. Ti dirás se iniciamos debate neste eido. E de momento estamos, como mencionas, a comezar.
Por outra banda, non só representamos, senón que servimos ó alumnado, e estamos á súa disposición: solicitáronnos varios compañeiros unha actividade recoñecida con créditos de Libre configuración, e traballamos para impulsala e levala a cabo. E fíxose. E ó profesorado pareceulle de perlas e acudiu con toda a disposición do mundo. Solicitáronnos información sobre os programas de titores e conseguímola e facilitámola. Tamén nos apoiaron nunha idea propia (propia en moitos sentidos), que é a da consulta a tódalas Facultades de Dereito do Estado, que dependen de Universidades Públicas, acerca do Proceso de Boloña; e agora temos contacto con case tódalas representacións do alumnado de Dereito de España, e estamos a tratar posibles medidas que favorezan, ó grande, ó alumnado. Iso é traballar a prol do alumnado. Nós estamos abertos a tódalas propostas. Quen queira que se trate un tema concreto, do que non teñamos coñecemento, na Xunta de Facultade (agora tamén no Claustro) pode achegarse onda nós e dicírnolo: alí irá, e a votación posterior decidirá. E se é de Xusticia facelo, e tal non se logra, teremos que tomar outras medidas a maiores que a mera representación Institucional: pero o que se pode resolver doadamente non o imos resolver con complicacións.
Amiga María, en pouco tempo que levamos andado, fixemos máis do que se cre. Moito máis do que se ve. Iniciamos debate, convencimos a parte do noso profesorado acerca de temas que nos preocupan, logramos o apoio doutros noutros temas. Implicamos a xente na Universidade, e moito estamos aínda a plantexar e nos queda por andar.
Por outra banda non pretendimos nunca copar as Institucións coa nosa presencia, e aquí vas ver unha boa verdade: resulta que unha das nosas candidatas nas Eleccións á Xunta de Facultade decidiu que non quería asumir a súa praza de representante. Non estaba dacordo con certas cousas e non tiña tempo por outras. Básicamente eran prexuizos e posición social. Convencida de tal, resolveu en abandonar. E nós abertamente, renunciamos á praza e á subvención que trae aparellada. Sen embargo, e isto é probado, con testemuñas e cantas queiras, e aínda máis os propios implicados, asociacións coma os CAF, ós que vés de defender, acubillan, e solicitan a compañeiros, de por favor, que os deixen incluír nas súas listas electorais, para obter a máxima representatividade. A isto, e perdoa que sexa tan claro, eu chámolle ser trampulleiro, pouco fiel, ou zugar do bote. E iso tiña que estar prohibido, e idealmente estao, xa que pervirte o sistema. Hai que ser serios: se somos nove, somos nove e non vinteun para ir despois nove, e cobrar, iso si, relixiosamente, por vinteun. E a iso é ó que non hai dereito. Pois, en definitiva, non se notan onde van esas subvencións que se cobran. Para que vexas o noso exemplo, nunha simple actividade, foise a metade do noso presuposto anual, e minimizamos os importes para o alumnado en 9 Euros, que ó o que veñen a dar pola matrícula nun curso, que cubre os custos de todos aqueles gastos que nos foron precisos para realizarmos o mesmo. E tradúcese ó final nun crédito de Libre Configuración para cada asistente. E nós quedamos, na asociación, a cero. A cero non, sen a metade do presuposto anual, adicada a publicidade e material para a actividade. A iso chámaselle ou ser bo, ou parvo. Ou cumplir coa palabra dada, vaia…
E o seguinte: que non pensamos en politiza-los problemas do estudantado. Porque iso é sucio. E tamén porque non dependemos de ninguén (de aí o de “independentes”). A orixe da problemática, é, en gran parte, política. Pero nós pretendemos as solucións dende o pouco. E tamén dende o moito, pero iso lévanos, como ves, máis traballo, e tamén moita altura de miras. Non estamos sós nin en Galicia, nin no Estado, nin no mundo.
Compañeira, non quero extenderme moito máis. Quero, iso si, que quede patente a nosa boa vontade, e non só de boca, senón que tamén de feitos. Nós estamos abertos a todos, e a tódalas propostas, e a falar e acordar posturas comúns, pero para iso hai que ceder uns e outros. Dende logo, se queres seguir tratando do tema, pódelo facer aquí, neste blog; no noso e-mail aid_usc@hotmail.com, ou se o prefires, estamos na Facultade de Dereito, tódolos martes polas tardes, e case toda a semana tamén polas tardes. Podes cando queiras pasares por alí e ver como funcionamos, e falamos de todo isto. Porque, tamén, ás veces, as cousas compréndense mellor cun té entre medias, ou agora que ven o bo tempo, unha cervexiña na cafetería.
Quedamos, polo tanto, a túa disposición. Graciñas polas túas obxeccións e polo traballo de argumentares, e agardo que a contestación servise dalgo ou atendese ó que nos requerías.
Iván Arias.
P.S.: ah!, esquencíame de dicirche que se ti non consintes que falen así dos CAF, sinto dicirche que nós tampouco temos porque consentir que chamen, en certos panfletos, ós nosos compañeiros MISERABLES ou TRAIDORES. O electoralismo ten un límite (que para min é cero).
E o día da folga do 29 de Abril: INSOLIDARIOS, ESQUIROIS e outras polo estilo. A grito pelado. Supoño que non son piropos… E o peor é que se fixo alevosamente, e a outros sen razón ningunha. E o día 29 de Abril houbo “esquirois” dos CAF nalgunhas clases en Dereito. E falando de dereito, este era lexítimo, de tódolos xeitos. Testemuñas hai de todo, en calquera caso, que non me han de deixar mentir. Tamén porque directamente vin eu todo. Mirémo-la travesa do noso ollo, e non a pinta do alleo; e levémonos ben, por favor.

2 comentarios:
Parabéns!
Parabéns porque non agardaba nin de lonxe tal resposta; a verdade e que fico gratamente sorprendida.
Evidentemente hai cousas que non comparto, máis agora non teño moito tempo para entrar en debate (probabelmente o faga máis adiante ;-) ) so quería deixarvos unhas palabras agradecendo a vosa atención.
Un saúdo
Para mentir xa comezas mentindo nada máis no nome, INDEPENDENTES...xa, e que máis?
Menos mal que este blogue non ten a difusión que debería (digo que debería en canto que como exemplo do que é falacia (como vos gusta esa palabra, e que mal a empregades)e a falsidade pedante e demagoga non ten prezo), porque a xente senón sairía moi intoxicada.
Do que dis non se aprobeita nin a firma, con esas Posdatas tan doídas ("jajaja", grazas a quen for que nós aínda temos sentido do humor).
Como último apunte, e por non liarme máis (que cos milleiros de caracteres do teu comentario xa farta dabondo), direiche que somos moitos, aínda non estando nos CAF, é o meu caso; que vemos o que se fai, e o que non se fai, e fomos moitos os que vimos o que se facía, e por que parte, o día das eleccións a Xunta, e a Claustro... falamos de legalidade?, falamos de enteireza ou de prinpicipios?.
Amigos, compañeiros, teño tanto nos CAF como noutras organizacións, incluíndo a túa, a vosa... e enterar entérome de todo (por certo, teño uns SMS do días das eleccións moi interesantes con respecto ao de chamar a xente ás furnas, e non precisamente dos CAF...), asique mira ben a quen lle quentas os miolos, mira ben con quen te terás que ver, porque igual saímos perdendo... Non te tomes isto coma unha ameaza para nada, pero bueno, dígocho porque teño visto probas físicas de cousas de AID que seguramente non queiras que se vexan, fala cos teus compañeiros a ver o que fan, seguramente ti tampouco teñas culpa ningunha, pero mira por que non se che quente a boca dando falas.
Un agarimoso saúdo.
Publicar un comentario