Ante a implantación do novo plan de estudos que ten que estar adaptado ó Espacio Europeo de Educación Superior, O Plan Bolonia, para o 2010 como data final, AiD está desenvolver unha posición activa e crítica á vez na Comisión de Redacción do Plan en Dereito, como lexítimos representantes dos alumnos.
Por iso, como a nosa aposta está garantida pola transparencia e a iniciativa, cremos que a mellor maneira para que o alumnado esté informado puntualmente dos efectos de dito Plan, das súas consecuencias positivas e negativas e das nosas propostas é convocarvos para este luns, día un de decembro ás 19 horas trinta minutos no Salón de Graos, a unha asamblea dirixida por membros de AiD para darvos información detallada sobre o que se está facendo, propoñendo e traballando.
Cremos que sería moi importante, sobre todo, a asistencia dos alumnos correspondentes ós cursos 1º, 2º e 3º, que son ós que máis lles vai afectar e nos que hai moita desinformación.
Unha aperta!
1 comentario:
Parece ser que foi todo un exitazo de asistencia, sede mais claros a proxima vez que con tanta preguntita non dabamos aclarado.
Publicar un comentario