martes, 9 de diciembre de 2008

QUE PROBLEMAS VES NA FACULTADE?

Hai xa un ano que, dende a asociación AiD – Alumnos independentes de Dereito, tratamos de dinamizar a vida extraacadémica da comunidade da Facultade de Dereito da USC. Ciclos de cine, xornadas de debate sobre o Plan Boloña e representación do alumnaso foron ata o de agora as nosas liñas fundamentais de acción.

O novo reto que debemos solucionar é que o alumnado se implique e nos faga chegar aquelas cousas que están de máis e aquelas que faltan para mellorar o nivel da Facultade.

Esperamos que vos pareza boa idea participares, posto que dese xeito poderemos elevar as vosas peticións mediante os nosos representantes na Xunta de Facultade, no Claustro da USC e nas diferentes comisións da Universidade nas que estamos presentes.
Vaia como exemplo a presencia de Jorge Cubela na Comisión electoral central ou na Comisión de Titulacións e Graos; de Iago Seijo na Comisión de asuntos culturais e mais na Mesa do Claustro; ou de Luís Teira no Consello de Goberno da Universidade.

Enriba da mesa temos a pretensión de potenciar a nosa facultade na nova rede de Másters que traerá a implantación de Boloña na USC, así como loitar por unha maior asignación de recursos ao noso centro para unha mellor adaptación ao Espacio Europeo de Educación Superior –a nivel de infraestructuras, de TICS e de profesorado-. Ademais, estamos ocupados en causas máis cotiás como tentar eliminar o pago de tarifas de estacionamento para os estudiantes no Campus Sur ou a mellora das instalacións deportivas universitarias.

Calquera nova idea será benvida en AiD, e dentro das nosas posibilidades faremos que se oian as queixas dos alumnos de Dereito da USC.

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración, e pedímosvos asimesmo que nos axudedes a implicar ao maior número de compañeiros da Facultade para ter un coñecemento máis amplo de qué problemas preocupan ao conxunto de alumnos do noso centro.

Un saúdo!


AiD - Alumnos independentes de Dereito

1 comentario:

Anónimo dijo...

http://malafides.wordpress.com/2009/03/01/derechocorunasantiago/