jueves, 18 de diciembre de 2008

Gracias

Vintecatro horas despois de coñece-los resultados das Eleccións a Representantes á Xunta de Facultade de Dereito, é hora de facer seria reflexión sobre o acontecido.

Primeiramente hai que da-las gracias. Gracias, e moitas, a todo aquel que acudiu a votar, e máis aínda, a todos aqueles votantes que o fixeron por AiD. So deles dependeu o éxito destas eleccións, tanto para nós como para a totalidade da Facultade. Non se recorda tal afluencia de xente a votar. E non se recorda unha maioría tan ampla. Gracias, polas veces que sexan, a todos e a cada un dos que se achegou á furna co seu voto para AiD.Gracias.

En segundo lugar habería que analizar o por qué do resultado electoral. AiD é unha asociación demasiado recente como para ter tal raigame, sen embargo, tena. E iso é abraiante. Pero non é máis que un froito. O froito do traballo desinteresado, da seriedade continua, da fidelidade á palabra dada, da lealdade ós demais compañeiros da facultade. Escribo estas liñas metido entre un feixe de papeis da asociación, uns resoltos, outros por resolver, e facendo un oco no medio do traballo para deixar, antes das vacacións, resoltos varios temas que se precisan para a boa marcha de AiD, e por extensión, da Facultade. Fago isto sen ánimo ningún de beneficio privativo e propio, despois de termos hoxe unha Xunta de Facultade onde xa se comezou a xestar unha nova normativa de cambios de grupo, onde se falou das infraestructuras que esta casa precisa para adaptarse ó estilo boloñés... tantas cousas; pero por riba diso está o empeño en demostrar que un bo traballo continuado, da, como froitos, unha fonda raigame entre os compañeiros.

A cercanía e a confianza. AiD non naceu para estar nunha nube. Lembro quen me dicía que os Representantes do Alumnado estabamos aí para aproveitarnos persoalmente de fantásticos medios que as universidades poñían ó noso dispor. Lamentablemente esa Universidade non debe ser a de Santiago, xa que o ordenador de AiD rondará a decena de anos, e escribo e publico este breve post dende o meu. AiD non naceu para iso, senón que naceu para estar cerca dos problemas de tódolos nosos compañeiros, que diariamente acuden á Facultade e atopanse con que lle asignaron un grupo de docencia ó que non pode ir, ou que incluso na fotocopiadora lle cobran as grapas. AiD naceu para defender non só intereses de alumnos concretos: naceu para defende-los intereses do alumnado, de todo o alumnado, e tamén, os seus dereitos.

Antes de irrumpir nesta facultade había representación estudiantil, pero esta viámola dende lonxe. Era sumamente turbadora, incluso violenta en casos. AiD veulle a dar un cambio á representación dos estudiantes. Diálogo, respecto mutuo, firmeza, lealdade, transparencia, claridade, información, solidariedade, comprensión... con iso comezamos a funcionar, sen subirnos á parra. Sabemos que estamos aquí non por nós, senón que por que o noso traballo acabou gustando e fostes vós, compañeiros todos, os que votastes. Dependemos directamente do alumnado. E por iso só nos sentimos vinculados polo seu mandato, sen ter que responder ante ningún terceiro, nin estar condicionados por ningunha dirección exterior que nos induza a fins alleos ou extraños ó ben dos estudiantes desta facultade.

Unha diferencia notoria de votos fixo que nos situasemos á cabeza no reconto de votos. Teño que dicir tamén que estou canso, física e psíquicamente. Foi esta unha campaña moi dura. Máis dura, incluso, que a anterior. Tivemos que ler panfletos e cartaces que se referían a nós, feitos de xeito tan torticeiro que se solapaba a súa publicación coa xornada de reflexión. Fomos obxecto de anticampaña. A petición do voto dalgunha das outras candidaturas converteuse nunha petición de ausencia de voto a AiD. E nós debemos ser un tanto parvos, xa que non atacamos. As nosas sensatas propostas, que se poden realizar, foron usadas para intentar denostarnos; e substituídas por ilusións que inducían ó engano intencionado. Por todo isto creo que preciso das vacacións de Nadal para repoñerme algún tanto.

Se nalgo, tamén, teño que incidir, é no agradecemento a todos vós, compañeiros. Porque demostrastedes co voso voto, co voso comportamento, un sentido común fóra do común. Porque non vos deixástedes enganar con propostas sensacionalistas, porque créstedes en nós cegamente e nos déstedes, unha vez máis (e ogallá sexa a segunda de moitas) un voto de plena confianza. Un agradecemento serio, e aquí se me complica máis a cousa, é, agora, a necesidade que temos de levar a cabo as nosas propostas e de seguir traballando por todos vós, alumnos de Dereito. Por todos vós, e pola USC no seu conxunto. Seguir traballando con rigor, con academicismo, con firmeza, con seriedade, con ilusión, con cercanía, con amabilidade. Nunca, por principio, insultaremos a un compañeiro. Nunca o forzaremos a tomar unha decisión persoal. O beneficiario do noso directo traballo é o estudiante, e sería totalmente inmoral sermos, en lugar dunha axuda, unha traba, un impedimento.

Non me quero extender. Quero, con un pouco de sentido común como ese que foi ás furnas onte, 17 de Decembro, darvos, de novo, as gracias.

Bo Nadal, e verémonos en Xaneiro.

Iván Arias

sábado, 13 de diciembre de 2008

II Charla Informativa sobre el Plan Bolonia

Ayer, algunos miembros de AiD nos reunimos con el Vicerrector de la USC encargado de la Organización Docente y de los Nuevos Planes de Estudio, Máximo Pló, para mantener un intercambio de pareceres sobre Bolonia y para que éste nos resolviera explícitamente algunas cuestiones planteadas por los alumnos de Derecho que asistieron a la Charla Informativa hecha por AiD la semana pasada sobre la implantación del Plan Bolonia en Derecho, a la que asistieron 170 personas.

Por ello, este lunes, realizaremos la última charla informativa, a las 7 y media en el Salón de Actos, con todas las cuestiones resueltas sobre la incidencia de Bolonia de forma muy clara, las propuestas para la Junta de Facultad, la elaboración de una nueva normativa de cambios de grupo, etc.

AiD está liderando la defensa de los intereses de los actuales estudiantes de Derecho y de los que vendrán al llevar nosotros la única iniciativa para explicar aquellas cuestiones que les afectan a los alumnos de Derecho y preocuándonos de hablar con aquellos responsables universitarios que están por encima nuestra.

Nosotros preferimos una implicación directa y personal del alumnado, fuera de manipulaciones y acciones interesadas.

Es bonito convocar huelgas, que los piquetes insulten a la gente que en su derecho va a clase y que no hagan nada por informar a los alumnos.

Hablaremos además de las intervenciones de los miembros de AiD en el Claustro como la crítica a Bolonia, la petición de un carnet especial para los estudiantes que aparquen en la zona ORA, o la opinión del Rector sobre aquellas asignaturas que por su carga docente retrasan la entrada de lo estudiantes al mercado laboral.

Muchas gracias por vuestra confianza!!!

martes, 9 de diciembre de 2008

QUE PROBLEMAS VES NA FACULTADE?

Hai xa un ano que, dende a asociación AiD – Alumnos independentes de Dereito, tratamos de dinamizar a vida extraacadémica da comunidade da Facultade de Dereito da USC. Ciclos de cine, xornadas de debate sobre o Plan Boloña e representación do alumnaso foron ata o de agora as nosas liñas fundamentais de acción.

O novo reto que debemos solucionar é que o alumnado se implique e nos faga chegar aquelas cousas que están de máis e aquelas que faltan para mellorar o nivel da Facultade.

Esperamos que vos pareza boa idea participares, posto que dese xeito poderemos elevar as vosas peticións mediante os nosos representantes na Xunta de Facultade, no Claustro da USC e nas diferentes comisións da Universidade nas que estamos presentes.
Vaia como exemplo a presencia de Jorge Cubela na Comisión electoral central ou na Comisión de Titulacións e Graos; de Iago Seijo na Comisión de asuntos culturais e mais na Mesa do Claustro; ou de Luís Teira no Consello de Goberno da Universidade.

Enriba da mesa temos a pretensión de potenciar a nosa facultade na nova rede de Másters que traerá a implantación de Boloña na USC, así como loitar por unha maior asignación de recursos ao noso centro para unha mellor adaptación ao Espacio Europeo de Educación Superior –a nivel de infraestructuras, de TICS e de profesorado-. Ademais, estamos ocupados en causas máis cotiás como tentar eliminar o pago de tarifas de estacionamento para os estudiantes no Campus Sur ou a mellora das instalacións deportivas universitarias.

Calquera nova idea será benvida en AiD, e dentro das nosas posibilidades faremos que se oian as queixas dos alumnos de Dereito da USC.

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración, e pedímosvos asimesmo que nos axudedes a implicar ao maior número de compañeiros da Facultade para ter un coñecemento máis amplo de qué problemas preocupan ao conxunto de alumnos do noso centro.

Un saúdo!


AiD - Alumnos independentes de Dereito

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Comeza a campaña electoral en Dereito

Hoxe comezou a Campaña Electoral para as Eleccións á Xunta de Facultade que se celebrarán o día 17 deste mes.

AiD elaborou unha lista pensada para que todos os cursos e os estudantes de Dereito estean totalmente representados.

Sen clichés políticos, AiD é unha asociación feita en Dereito, por alumnos de Dereito cansos de non sentirse representandos, e para loitar polos intereses de todo o alumnado de Dereito.

A través destes 15 días de campaña, AiD dará a coñecer alumno por alumno tódolos puntos fortes da súa campaña.

Vota AiD!

sábado, 29 de noviembre de 2008

Explicación de AiD sobre os efectos do novo Plan de Estudios para Dereito

Ante a implantación do novo plan de estudos que ten que estar adaptado ó Espacio Europeo de Educación Superior, O Plan Bolonia, para o 2010 como data final, AiD está desenvolver unha posición activa e crítica á vez na Comisión de Redacción do Plan en Dereito, como lexítimos representantes dos alumnos.

Por iso, como a nosa aposta está garantida pola transparencia e a iniciativa, cremos que a mellor maneira para que o alumnado esté informado puntualmente dos efectos de dito Plan, das súas consecuencias positivas e negativas e das nosas propostas é convocarvos para este luns, día un de decembro ás 19 horas trinta minutos no Salón de Graos, a unha asamblea dirixida por membros de AiD para darvos información detallada sobre o que se está facendo, propoñendo e traballando.

Cremos que sería moi importante, sobre todo, a asistencia dos alumnos correspondentes ós cursos 1º, 2º e 3º, que son ós que máis lles vai afectar e nos que hai moita desinformación.

Unha aperta!

viernes, 28 de noviembre de 2008

O Dereito no Cine II

Este xoves, a asociación de alumnos de Dereito AiD -Alumnos independentes de Dereito- vimos de clausurar o segundo ciclo de cine que facemos na nosa facultade.

Unha actividade coa que a USC convalidaba ós alumnos que se matricularan na mesa cun Crédito de Libre Configuración, o segundo crédito que AiD ofrece coas actividades, que tras a súa fundación o pasado ano, realiza para tódolos alumnos.

Gracias ós máis de 200 alumnos que entre o ciclo do ano pasado e este posibilitan a dinamización de este tipo de actividades en Dereito.

Por último, como xa se sabe, o Ciclo deste ano consistía na visualización de 5 películas co posteior comentario dun profesor da materia da que trataba e un pequeno traballo cuio prazo de entrega expira o 16 de xaneiro.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Convocatoria do Claustro Universitario

Celebradas as correspondentes eleccións a representantes do Claustro Universitario, o día 24 de abril de 2008, e de acordo co Regulamento de réxime interno do Claustro Universitario, Jorge Cubela López; Luis Manuel Teira Otero; e Iago Seijo Fraga; foron elexidos membros do Claustro Universitario en representación do sector dos Estudantes de 1º e 2º Ciclo.

Procédese así á convocatoria da Constitución do Claustro Universitario achegada pola Secretaría Xeral para o vindeiro 4 de decembro ás 9 horas na Facultade de CC.Políticas.

Contarémovos como foi a primeira sesión claustral despois desta!

miércoles, 1 de octubre de 2008

Ánimo para o novo curso

AiD quere dexesarvos a todos un bo curso 2008/2009.

Pola nosa conta, sabedes que seguides tendo en nós uns representantes para que poidades manifestar calquer tipo de problema ou dúbida.

Seguimos traballando por vós, por nós e por tódol@s alumnos que nun futuro iniciarán os seus estudos na nosa Facultade.

Este ano cúmprese o aniversario da nosa existencia.
Dereito está cheo de posibilidades e oportunidades, polo que comezaremos as actividades que temos preparadas e previstas para este novo curso este mesmo cuatrimestre.

Contamos con tod@s!

viernes, 11 de julio de 2008

Cubela Dixit...

"Las tasas universitarias subirán un 4,2% para el próximo curso, que costará entre 561 y 795 euros".
Este ano os universitarios galegos seguiremos pagando unhas matrículas desproporcionadas na Universidade Pública.A suba das taxas xunto co alto nivel de créditos que hai que ter aprobados, un 80% destes, para poder aspirar ás BECAS son problemas engadidos para que a xente con menos recuros e en plena crise económica poidan facer unha carreira universitaria sen atranques.Estes señores que agora suben as taxas e poñen máis dificultades para a adquisición dunha BECA, son os memos que prometeron invertir en educación pública e facilitar ás familias con menos recursos que os seus fillos puideran estudar sen dificultades económicas engadidas. MINTIRON.
Xa dirá a Conselleira de Educación o que queira e os demais Conselleiros o que queiran. Eles poden ter a tódolos seus fillos en Universidades Privadas, pero os nosos pais non.Os que somos fillos de xente que sofre a crise económica imos a notar todas as dificultades que o Goberno pon ós alumnos para facer unha carreira sen agobios deste tipo.A min o que me importa é que os meus compañeiros máis eu o próximo curso teremos que pagar máis por unha UNIVERSIDADE PÚBLICA aínda máis cara.

jueves, 22 de mayo de 2008

Carta Aberta a María.

Calar e esconderse sempre foi a resposta máis socorrida, e ó mellor, tamén a máis efectiva. Deixar á xente coa palabra na boca e sen resposta, tratando coma con tolos, puidera ser o máis conveniente para o convenienzudo. Pero o máis elegante será contestar. Porque non temos medo, nin por qué telo; e o óptimo: temos argumentos e razóns. E gústanos o debate. Comezarei… polo principio:

Primeiro: non é que pensemos que ÚNICAMENTE se representa ó alumnado nas institucións universitarias. Pero… ¡carafio!… se resulta que o que as asociacións de representantes loitan por cada posto nos órganos de goberno e representación da Universidade, o lóxico é que acudan con forza a levar a cabo a representación. E nós niso non podemos ter crítica, porque acudimos efectivamente, e libres. Certamente que a representación do Estudantado se realiza en tódolos ámbitos, e dándolle participación directa na toma de decisións (que por outra banda tamén facemos, recibindo queixas de moitos compañeiros, que transladamos a onde mellor procede para que se podan solventar) PERO NINGUNHA ORGANIZACIÓN ESTUDANTIL PODE, PER SE, FACER DA CAPA DE TODO O ESTUDANTADO UN SAIO PARA SI MESMA. Quero dicir con isto que non se pode, unilateralmente, dende o punto de vista propio, facer na sociedade, en nome de todos, e sen previa consulta a ninguén. Pola experiencia vemos que, antes de ir á folga en calquera empresa ou centro laboral, os obreiros votan se van ou non. Tamén vemos que para negociar coa administración ou a patronal, os beneficiarios da negociación poñense dacordo para enviar ós seus representantes. ¿Faise isto actualmente? ¿Fixérono os CAF cando anunciaron mediante cartaces, a bombo e prato, na Facultade de Dereito, que estaban a negociar coa Xunta a cuestión da “Suba das Taxas”? Nós o que reclamamos é DEMOCRACIA NO ÁMBITO DA REPRESENTACIÓN ESTUDIANTIL. DEMOCRACIA E REPRESENTATIVIDADE EFECTIVA. E é algo xusto, creo.

Con respecto á porcentaxe do alumnado nos órganos da Universidade descoñezo cal é a porcentaxe total. Pero direiche que en comisións e Xunta de Facultade, na Facultade de Dereito, esta é do 30 % do total, o que favorece, moito, que o alumnado poda, co seu voto, levar a cabo máis do que estás a dicir. Pero claro, para iso hai que asistir. ¿Por que, entón, se aledan os membros dos CAF cando obteñen 21 representantes na Xunta de Facultade, e se poñen mustios cando só obteñen 2 no Claustro pola Facultade de Dereito? ¿Non lles abonda con un, que para propoñer e iniciar debates, propón e inicia o mesmiño que catro centos? Coherencia, por favor.

Dis case ó final do teu “post” que o importante é levar adiante o debate (a fin da Universidade, máis que propoñer solucións, é iniciar tódolos debates), e non acudir co carro cheo de representantes a reunións de papóns. E, mira, vou concordar contigo… pero, estarás comigo que para que haxa debate, debera haber varias posturas. Ben: En canta comisión hai na Facultade de Dereito, os CAF anunciaron que non renunciarían a ningunha praza das mesmas que por pura matemática lles corresponde (matemática falaz e errada, que, se queres outro día poñemos en claro) en favor doutros compañeiros doutras asociacións que teñen representación en Xunta de Facultade. Non serei eu quen defenda ós máis, que para tal teñen voz. Pero iso di bastante en contra dos CAF, como pretendes defender… e o que levan ás institucións é bastante pobre e son dados ó “paponismo”, ademáis de non iren a pleno, como deberan. Nós na comisión que máis está a Funcionar na Facultade de Dereito, que por desgracia é a do Plano de Boloña, e persoalmente, erguimos críticas contra a conversión da Universidade Pública en Institutos de Formación Profesional; contra o adoutrinamento nas aulas; pola liberdade de pensamento e de decisión dentro da educación e a formación universitaria; contra o fomento da competitividade inmoral entre o alumnado; pola liberdade de Cátedra… e o que parece máis raro aínda, pola supresión de exames en favor doutros métodos de avaliación, xa que, polo visto, vannos abrasar a base de créditos ETCS (o que implica traballo, máis traballo, máis traballo e máis traballo, e menos tempo libre para o estudante, para o estudo e a vida persoal). Non son ideas nin argumentos peregrinos: creme, no debate, e na proposta, teñen lóxica; e son críticas directas a un modo inxusto de levar o proceso de Boloña. Ti dirás se iniciamos debate neste eido. E de momento estamos, como mencionas, a comezar.

Por outra banda, non só representamos, senón que servimos ó alumnado, e estamos á súa disposición: solicitáronnos varios compañeiros unha actividade recoñecida con créditos de Libre configuración, e traballamos para impulsala e levala a cabo. E fíxose. E ó profesorado pareceulle de perlas e acudiu con toda a disposición do mundo. Solicitáronnos información sobre os programas de titores e conseguímola e facilitámola. Tamén nos apoiaron nunha idea propia (propia en moitos sentidos), que é a da consulta a tódalas Facultades de Dereito do Estado, que dependen de Universidades Públicas, acerca do Proceso de Boloña; e agora temos contacto con case tódalas representacións do alumnado de Dereito de España, e estamos a tratar posibles medidas que favorezan, ó grande, ó alumnado. Iso é traballar a prol do alumnado. Nós estamos abertos a tódalas propostas. Quen queira que se trate un tema concreto, do que non teñamos coñecemento, na Xunta de Facultade (agora tamén no Claustro) pode achegarse onda nós e dicírnolo: alí irá, e a votación posterior decidirá. E se é de Xusticia facelo, e tal non se logra, teremos que tomar outras medidas a maiores que a mera representación Institucional: pero o que se pode resolver doadamente non o imos resolver con complicacións.

Amiga María, en pouco tempo que levamos andado, fixemos máis do que se cre. Moito máis do que se ve. Iniciamos debate, convencimos a parte do noso profesorado acerca de temas que nos preocupan, logramos o apoio doutros noutros temas. Implicamos a xente na Universidade, e moito estamos aínda a plantexar e nos queda por andar.

Por outra banda non pretendimos nunca copar as Institucións coa nosa presencia, e aquí vas ver unha boa verdade: resulta que unha das nosas candidatas nas Eleccións á Xunta de Facultade decidiu que non quería asumir a súa praza de representante. Non estaba dacordo con certas cousas e non tiña tempo por outras. Básicamente eran prexuizos e posición social. Convencida de tal, resolveu en abandonar. E nós abertamente, renunciamos á praza e á subvención que trae aparellada. Sen embargo, e isto é probado, con testemuñas e cantas queiras, e aínda máis os propios implicados, asociacións coma os CAF, ós que vés de defender, acubillan, e solicitan a compañeiros, de por favor, que os deixen incluír nas súas listas electorais, para obter a máxima representatividade. A isto, e perdoa que sexa tan claro, eu chámolle ser trampulleiro, pouco fiel, ou zugar do bote. E iso tiña que estar prohibido, e idealmente estao, xa que pervirte o sistema. Hai que ser serios: se somos nove, somos nove e non vinteun para ir despois nove, e cobrar, iso si, relixiosamente, por vinteun. E a iso é ó que non hai dereito. Pois, en definitiva, non se notan onde van esas subvencións que se cobran. Para que vexas o noso exemplo, nunha simple actividade, foise a metade do noso presuposto anual, e minimizamos os importes para o alumnado en 9 Euros, que ó o que veñen a dar pola matrícula nun curso, que cubre os custos de todos aqueles gastos que nos foron precisos para realizarmos o mesmo. E tradúcese ó final nun crédito de Libre Configuración para cada asistente. E nós quedamos, na asociación, a cero. A cero non, sen a metade do presuposto anual, adicada a publicidade e material para a actividade. A iso chámaselle ou ser bo, ou parvo. Ou cumplir coa palabra dada, vaia…

E o seguinte: que non pensamos en politiza-los problemas do estudantado. Porque iso é sucio. E tamén porque non dependemos de ninguén (de aí o de “independentes”). A orixe da problemática, é, en gran parte, política. Pero nós pretendemos as solucións dende o pouco. E tamén dende o moito, pero iso lévanos, como ves, máis traballo, e tamén moita altura de miras. Non estamos sós nin en Galicia, nin no Estado, nin no mundo.

Compañeira, non quero extenderme moito máis. Quero, iso si, que quede patente a nosa boa vontade, e non só de boca, senón que tamén de feitos. Nós estamos abertos a todos, e a tódalas propostas, e a falar e acordar posturas comúns, pero para iso hai que ceder uns e outros. Dende logo, se queres seguir tratando do tema, pódelo facer aquí, neste blog; no noso e-mail
aid_usc@hotmail.com, ou se o prefires, estamos na Facultade de Dereito, tódolos martes polas tardes, e case toda a semana tamén polas tardes. Podes cando queiras pasares por alí e ver como funcionamos, e falamos de todo isto. Porque, tamén, ás veces, as cousas compréndense mellor cun té entre medias, ou agora que ven o bo tempo, unha cervexiña na cafetería.

Quedamos, polo tanto, a túa disposición. Graciñas polas túas obxeccións e polo traballo de argumentares, e agardo que a contestación servise dalgo ou atendese ó que nos requerías.

Iván Arias.

P.S.: ah!, esquencíame de dicirche que se ti non consintes que falen así dos CAF, sinto dicirche que nós tampouco temos porque consentir que chamen, en certos panfletos, ós nosos compañeiros MISERABLES ou TRAIDORES. O electoralismo ten un límite (que para min é cero).

E o día da folga do 29 de Abril: INSOLIDARIOS, ESQUIROIS e outras polo estilo. A grito pelado. Supoño que non son piropos… E o peor é que se fixo alevosamente, e a outros sen razón ningunha. E o día 29 de Abril houbo “esquirois” dos CAF nalgunhas clases en Dereito. E falando de dereito, este era lexítimo, de tódolos xeitos. Testemuñas hai de todo, en calquera caso, que non me han de deixar mentir. Tamén porque directamente vin eu todo. Mirémo-la travesa do noso ollo, e non a pinta do alleo; e levémonos ben, por favor.

sábado, 26 de abril de 2008

Moitas Gracias

AiD quere expresar a súa maior consideración hacia os alumn@s de Dereito.

O importante nun proceso democrático é participar.

Tras os resultados das Eleccións ó Claustro, queremos agradecerlles a todas as persoas que confiaron na nosa candidatura que o fixesen.

AiD gañou as eleccións!!!

Imos a estar á altura das circunstancias, con traballo e dedicación.

1º Jorge Cubela López, AiD, 94 votos.
2º Luis Teira Otero, AiD, 79 votos.
3º Iago Seijo Fraga, AiD, 77 votos.

4º Inmaculada García Escourido, CAF, 66 votos.
5º Alba Feijoo López, CAF, 60 votos.

Noraboa a tódolos candidatos que obtiveron representación.

Moitas gracias amigos e amigas.

lunes, 21 de abril de 2008

Arranca o Ciclo de Cine

Xa comentamos no Blog a posta en marcha de actividades de interese e co posterior beneficio dun crédito de libre configuración, xa confirmado, para os alumnos de Dereito.

Ó final superamos con moi boa nota as expectativas. Hai moita xente apuntada na reserva e, por iso, iniciamos unha petición de amplitude de prazas ante o retorado para que poidan participar os máis de 100 alumnos que solicitaron o Ciclo.

Despois de contarmos con este gran apoio e e cunha gran resposta, AiD quere reafirmar o seu compromiso de traballo para seguir fomentando iniciativas deste tipo e devolver ó estudiantado o protagonismo que merece.

Seguide contando co noso apoio.

Un saúdo!

jueves, 17 de abril de 2008

CAF, 25 anos facendo trampas


Hai sempre quen cre que o tempo, en abstracto, da a razón.

Hai tamén quen cre que a razón tena el só porque lle ven conferida pola experiencia doutros.

Hai quen se ergue unha mañá e pensa ser paladín defensor das causas perdidas.

Hai quen acusa, e debera ficar calado. E o máis grave, envelena o criterio dos máis.

Isto pasou e pasa nesta facultade de cotío, cos CAF. Nun panfleto hipócrita sosteñen que os seus fracasos, e acaso tamén os de todo o alumnado de dereito, son culpa dun dos nosos compañeiros... ¡que gran falacia!

O que si nos gustaría dicir é que a representación do alumnado exércese mediante unha postura activa; isto é: asistindo ás Xuntas de Facultade e ás Comisións nas que as diversas candidaturas están representadas. Pois ben: NA XUNTA DE FACULTADE NA QUE SE PERDEU A VOLTA ÁS CLASES DUNHA HORA !!!POR UN VOTO¡¡¡ SÓ FORON 15 MEMBROS DOS CAF. 15 DE 21. ¿A quen pretenden enganar con eses argumentos tan pobres?

A súa única proposta nesta campaña electoral foi intentar desacreditarnos, pero as súas accións desacreditan ós CAF por si soas.

Porque ó mellor terían que pensar en cambiar o seu lema por: CAF, 25 ANOS FACENDO TRAMPAS.

¿Vaslles dar ti a razón?

miércoles, 16 de abril de 2008

Por que non votas AiD?

Hai uns meses Aid comezou a súa andaina nesta facultade. Para seguir progresando queremos contar co teu apoio. Por iso, co teu apoio estamos dispostos a...

...exercer unha representación directa do alumnado no Claustro Universitario.

...lograr o consenso dos representantes do alumnado no exercicio de accións que repercutan en todo o estudantado (folgas, negociacións, ...) abandoando as tomas de decisións unilaterais.

...continuar coas relacións con asociacións estudiantís doutras facultades de Dereito para intercambiar ideas e iniciativas que nos fagan avanzar en posturas comúns.

...facer propostas que preocupen a todo o alumnado como: exención dos universitarios na zona ORA, fomentar activiades formativas, deportivas e de voluntariado sendo recoñecidas mediante créditos de libre configuración...

Porque somos un grupo novo, con ánimo de innovar na representación do alumnado de Dereito no Claustro Universitario e así impulsar medidas a favor dos estudiantes.

Temos un programa aberto a vós, envíanos as túas propostas a:
aid_usc@hotmail.com

martes, 15 de abril de 2008

Confianza leal, AiD





Polos motivos cos que xurdiu AiD presentámonos ás eleccións á Xunta de Facultade de Dereito.

Concorríamos con a penas dous meses de existencia, con moi pouco, un ordenador, unha impresora... pero con moitas ideas, ganas de traballar, experiencia e coa ilusión de contarmos contigo neste proxecto.

Presentabámonos 9 persoas, obtendo a representación todos nós, acadando resultados en votos moi bos, colocándonos en postos de saída e ben arriba.
Asumimos con compromiso e unha gran dose de entusiamo a confianza que os nosos compañeiros depositaron en nós.

Puxemos en marcha moitos proxectos de futuro a partires de ahí para fomentar a participación de todos os alumnos e iniciar actividades do interese de todos, como o Ciclo de Dereito no cine, coa convalidación dun crédito de libre configuración, que comeza o próximo luns.

A esa confianza que nos brindaron os nosos compañeiros só podemos responder dunha maneira, con lealdade.

Para volver a reafirmar esa lealdade mutua volvemos a presentármonos en defensores do alumnado e con tal principio concorremos ás eleccións ao Claustro da nosa Universidade, que terán lugar o vindeiro 24 de abril -xoves-, para defender os lexítimos intereses dos alumnos de Dereito e, ante todo, para representar por igual a tódolos alumnos e a todas as alumnas da facultade.

Os compañeiros que liderarán aos alumnos de Dereito no Claustro da Universidade, se así o desexades, serán:

-Jorge Cubela López AiD
-Luis Manuel Teira Otero AiD
-Iago Seijo Fraga AiD

Gracias polo voso apoio e confianza, non vos defraudaremos¡

lunes, 14 de abril de 2008

O Dereito no Cine I


AiD presenta o seu primeiro Ciclo de Dereito no cine.
Tivemos a iniciativa de facer esta actividade para ampliar o coñecemento do Dereito no cine e fomentar o seu valor. É unha actividade na que os alumnos obteñen un beneficio directo, tanto formativo como académico, a través da ganancia dun crédito de libre configuración. Foi pensada por e para os alumn@s.

Este Ciclo compútase para as licenciaturas de Dereito, Relacións Laborais,Ciencias Políticas, Ciencias da Comunicación, Xeografía, Historia e Criminoloxía.

A inscripción é ata o día 21 de abril ou fin de prazas; en aid_usc@hotmail.com; enviando Nome, DNI, e titulación. Pago ata o día 21 de abril no local de AiD (Facultade de Dereito) de 17 a 21 h. Pídese asistencia ao 80% das sesións.

Animamos a todo o mundo que queira a participar, ti contas¡

Un saúdo.

domingo, 13 de abril de 2008

O por qué de AiD¡



Primeiramente, queremos presentarnos como o que somos, alumnos independentes de Dereito.

AiD xurdiu pola ilusión e iniciativa dun grupo de estudantes de Dereito coa intención de potenciar e rexurdir un asociacionismo máis dinámico e cercano a tódolos estudantes da facultade.

Cremos que era fundamental devolver ao estudantado a ilusión e as ganas de participar nos asuntos que competen e interesan a tódolos alumnos.

Somos unha asociación con verdadeira independencia, sen corseis mentais ou clichés predeterminados, e menos aínda recibimos ordes de ningún órgano superior ou cor ideolóxica... porque somos independentes, porque cremos na liberdade e pensamos que a democracia é o valor máis importante para todos nós.

En AiD non consentimos que se faga campaña política coa liberdade
de conciencia e de voto de ningún dos nosos membros, nós non estamos en venda, nin nos disciplinamos a ideoloxías rancias ou excluintes, somos integradores e independentes.

Somos o resultado do desexo de moitos alumnos que non se sentían representados polas asociacións existentes na facultade.

Xurdimos co compromiso de defender aos estudantes de Dereito por igual, ofrecéndolles ser a voz da súa palabra nos diferentes órganos de goberno nos que estamos presentes co único fin de conseguir o que é mellor e realmente máis necesario para tódolos alumnos da facultade de Dereito

O por qué de AiD¡