Sen máis obxectivos que o de recuperar o pasado esplendor da nosa Universidade Compostelana, polo rexurdir dun novo Gallaecia Fulget; dende a independencia persoal e organizativa; con medios limitados pero coa ilusión e o esforzo de todos os que a integramos. Inconformistas audaces, atrevidos intelectualmente, maleducadamente íntegros, políticamente incorrectos, irresponsablemente veraces, con sinceridade indecente, e unha tolerancia a proba de bombas tanto dentro como fóra desta asociación.
domingo, 13 de abril de 2008
O por qué de AiD¡
Primeiramente, queremos presentarnos como o que somos, alumnos independentes de Dereito.
AiD xurdiu pola ilusión e iniciativa dun grupo de estudantes de Dereito coa intención de potenciar e rexurdir un asociacionismo máis dinámico e cercano a tódolos estudantes da facultade.
Cremos que era fundamental devolver ao estudantado a ilusión e as ganas de participar nos asuntos que competen e interesan a tódolos alumnos.
Somos unha asociación con verdadeira independencia, sen corseis mentais ou clichés predeterminados, e menos aínda recibimos ordes de ningún órgano superior ou cor ideolóxica... porque somos independentes, porque cremos na liberdade e pensamos que a democracia é o valor máis importante para todos nós.
En AiD non consentimos que se faga campaña política coa liberdade de conciencia e de voto de ningún dos nosos membros, nós non estamos en venda, nin nos disciplinamos a ideoloxías rancias ou excluintes, somos integradores e independentes.
Somos o resultado do desexo de moitos alumnos que non se sentían representados polas asociacións existentes na facultade.
Xurdimos co compromiso de defender aos estudantes de Dereito por igual, ofrecéndolles ser a voz da súa palabra nos diferentes órganos de goberno nos que estamos presentes co único fin de conseguir o que é mellor e realmente máis necesario para tódolos alumnos da facultade de Dereito
O por qué de AiD¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Defendede, porque se temos que agardar ao labor dos CAF... vamos ben.
Publicar un comentario