domingo, 13 de abril de 2008

O por qué de AiD¡



Primeiramente, queremos presentarnos como o que somos, alumnos independentes de Dereito.

AiD xurdiu pola ilusión e iniciativa dun grupo de estudantes de Dereito coa intención de potenciar e rexurdir un asociacionismo máis dinámico e cercano a tódolos estudantes da facultade.

Cremos que era fundamental devolver ao estudantado a ilusión e as ganas de participar nos asuntos que competen e interesan a tódolos alumnos.

Somos unha asociación con verdadeira independencia, sen corseis mentais ou clichés predeterminados, e menos aínda recibimos ordes de ningún órgano superior ou cor ideolóxica... porque somos independentes, porque cremos na liberdade e pensamos que a democracia é o valor máis importante para todos nós.

En AiD non consentimos que se faga campaña política coa liberdade
de conciencia e de voto de ningún dos nosos membros, nós non estamos en venda, nin nos disciplinamos a ideoloxías rancias ou excluintes, somos integradores e independentes.

Somos o resultado do desexo de moitos alumnos que non se sentían representados polas asociacións existentes na facultade.

Xurdimos co compromiso de defender aos estudantes de Dereito por igual, ofrecéndolles ser a voz da súa palabra nos diferentes órganos de goberno nos que estamos presentes co único fin de conseguir o que é mellor e realmente máis necesario para tódolos alumnos da facultade de Dereito

O por qué de AiD¡

1 comentario:

The Insider dijo...

Defendede, porque se temos que agardar ao labor dos CAF... vamos ben.