jueves, 17 de abril de 2008

CAF, 25 anos facendo trampas


Hai sempre quen cre que o tempo, en abstracto, da a razón.

Hai tamén quen cre que a razón tena el só porque lle ven conferida pola experiencia doutros.

Hai quen se ergue unha mañá e pensa ser paladín defensor das causas perdidas.

Hai quen acusa, e debera ficar calado. E o máis grave, envelena o criterio dos máis.

Isto pasou e pasa nesta facultade de cotío, cos CAF. Nun panfleto hipócrita sosteñen que os seus fracasos, e acaso tamén os de todo o alumnado de dereito, son culpa dun dos nosos compañeiros... ¡que gran falacia!

O que si nos gustaría dicir é que a representación do alumnado exércese mediante unha postura activa; isto é: asistindo ás Xuntas de Facultade e ás Comisións nas que as diversas candidaturas están representadas. Pois ben: NA XUNTA DE FACULTADE NA QUE SE PERDEU A VOLTA ÁS CLASES DUNHA HORA !!!POR UN VOTO¡¡¡ SÓ FORON 15 MEMBROS DOS CAF. 15 DE 21. ¿A quen pretenden enganar con eses argumentos tan pobres?

A súa única proposta nesta campaña electoral foi intentar desacreditarnos, pero as súas accións desacreditan ós CAF por si soas.

Porque ó mellor terían que pensar en cambiar o seu lema por: CAF, 25 ANOS FACENDO TRAMPAS.

¿Vaslles dar ti a razón?

2 comentarios:

AlejandroAlmau dijo...

Yo desde luego no.

Anónimo dijo...

Varias cuestións; se pensades que a representación do alumnado so se exerce nas institucións (jodida concepción da representación que tendes!!!!), estamos a falar de que o sector maioritario na universidade (que por se non se vos ocurre é o estudantado) so ten un 25% de representación nos orgaos da Universidade (este feito creo que nos aclara que a nosa capacidade de acción e de resposta nas institucións e ínfimo). A representación do estudantado compañeiros e compañeiras tamén se exerce na rúa, nas propias aulas... e por suposto contando co estudantado (facendo asembleas de centro, xuntanzas, enquisas...) non nos equivoquemos nese sentido. Por outra banda intúo que sodes novos/as representantes porque eu levo bastantes anos (de feito xa debería ter acabado a carreira... :-( ) na representación institucional (xunta de facultade, claustro, consello de departamento (comisións permanente, económica e de biblioteca), comisión de infrestruturas, comisión permanente e comisión de biblioteca dentro da Xunta de F.) e para levar a voz do estudantado non fai falla acudir en grupo que eu lembre [xa que o estudantado nunca tivo capacidade para gañar ningunha votación por si so]; cantas asociacións teñen acudido con todos os/as seus/súas membros e estar toda a reunión sen abrir a boca mirando embobados/as o debate entre o profesorado. O importante e participar e dar o debate, levar as cuestións que cada un considera fundamentais para o estudantado a esos organismos... os CAF fanno, facedelo vos?

Xa que me currei tanto a resposta, gustaríame que me contestarades e que me dérades a vosa opinión. Grazas